As Mulleres dos Mortos en 2019
Investigadoras en esqueletos humanos
As Mulleres dos mortos fui unha actividade organizada dentro do marco da rede «Consiliencia» (ED43D2017/08) e levada a cabo por min (Olalla López Costas) e máis Maria Loureiro. Trátase dun conxunto de conferencias cunha temática común: dar a coñecer a labor investigadora en esqueletos humanos de contextos arqueolóxicos e forense, á vez que vos introducimos na vida das mulleres que están a liderar estes avances.
As nosas poñentes son investigadoras de recoñecidísimo prestixio internacional que lideran empresas e grupos de investigación. Todas elas con moitos anos de experiencia e unha grande paixón polo que fan. Tratamos de mostrar o variado que son estos estudos na maneira de facelos pero tamén nos esqueletos analizados, dende as momias ao ADN, enfermidade, o traballo a pé de escavación ou os esqueletos dos nenos.
Mais de 150 persoas encheron a sala cada día para escoitar a estas magníficas compañeiras!!!